
Atopar os mellores prezos de voos de Núremberg.
O aeroporto de Núremberg está situado a só 7 km da cidade. É un importante aeroporto alemán, xa que conecta tanto destinos nacionais como internacionais.
O aeroporto dispón dunha terminal dividida en dous niveis e ofrece todas as facilidades para os viaxeiros, ademais dunha variada oferta de tendas, restaurantes e cafeterías.
Para máis información
Sitio Web Oficial: http://www.airport-nuernberg.de/
Tel: : +49 911-9 37 00
Os históricos Xuízos de Núremberg fixeron famosa a esta bonita cidade alemá, situada na zona de Baviera. Ademais de albergar interesantes museos, Núremberg ten outros encantos para os seus visitantes: artesanía antiga e moderna, pintorescas rúas, edificios típicos e impoñentes castelos.
Camiñando pola cidade antiga podes visitar algúns dos seus puntos clave: Rathaus (concello do século XIV), Frauentor (unha das portas da muralla) ou Kaiserburg (espazo no que se poden ver tres dos seus castelos). E non esquezas recuperar forzas comendo as súas típicas salchichas Bratswurst ou as galletas Lebkuchen.
Por ser unha cidade preciosa, interesante e chea de historia, Vueling lévate.
Consulte o noso calendario de eventos en Núremberg.